AVISO
Nas bases non se contempla a posibilidade de realizar o videopoema individualmente, terán que ser de 2 a 4 persoas. Os que non o queiran presentar ao concurso si o poderán realizar individualmente pero o prazo de entrega rematará do mesmo xeito o día 16 de maio. Non se admitirá ningún videopoema fóra de prazo.
FORMA DE ENTREGA
Deberedes entregar un cartafol con dous arquivos:
1 videopoema nun arquivo en tres formatos posibles avi, mp4 ou movi. Preferiblemente avi.
1 Un documento no que apareza o título INTEGRANTES DO GRUPO e debaixo o nome e apelidos dos integrantes ordenados por orde alfabética do primeiro apelido.
Traerédelo ao instituto nun pincho.
IDENTIFICACIÓN
Nome do cartafol e dos arquivos: curso_equiponº_nomedopoema (p.ex.: 4C_equipo02_Aicapitan.avi e 4C_equipo02_Aicapitan.doc)
O nome do equipo é o número de clase que teña o membro do equipo que estea antes por orde alfabética. Neste caso sería o equipo de Paula Castro, que é quen ten o número 2 en 4C.
ESTRUTURA DO VÍDEO
TÍTULO 1: LENDO E SOÑANDO
TÍTULO 2: TÍTULO DO POEMA QUE ESCOLLESTES
VIDEOPOEMA: O QUE VÓS CREASTES
TÍTULOS DE CRÉDITO:
CREACIÓN DE
(os vosos nomes por orde alfabética polo primeiro apelido)
TEXTO
Xosé María Díaz Castro, poema XXX incluído na súa obra NIMBOS (1961).
(En XXX poñedes o nome do voso poema)
MÚSICA
(procedencia da música)
IMAXES
(procedencia das imaxes)
*Tanto na música como nas imaxes, se son vosas, poñedes "Música orixinal creada para este proxecto por..." e "Imaxes orixinais creadas para este proxecto por...), nos puntos suspensivos iría o nome ou nomes dos autores/as.
LICENZA
Creative Commons Recoñecemento - Non Comercial - Compartir Igual (by-nc-sa)
2014
A profa Videopoemas
martes, 13 de maio de 2014
xoves, 8 de maio de 2014
Lendo e soñando: poema audiovisual
Envíovos en primeiro lugar toda a documentación para participar no concurso.
É moi importante fixarse nos aspectos salientados nas bases:
- 4 compoñentes
- máximo 5 minutos
- ten que conter texto, voz, imaxe e música
- conexións temáticas e suxestivas entre imaxe e texto
- orixinalidade
- lectura axeitada do texto, lectura clara do texto
- recitado individual, a 2 ou 3 voces, ou coral
- pertinencia simbólica dos temas e motivos do texto
- relación texto-imaxe
- adecuación rítmica das imaxes
- contido
- calidade técnica
Tedes tamén AQUÍ a páxina que que podedes atopar todos os poemas para elixirdes o que máis vos guste.
Mañá venres teredes que ter constituídos os grupos.
Ánimo!
É moi importante fixarse nos aspectos salientados nas bases:
- 4 compoñentes
- máximo 5 minutos
- ten que conter texto, voz, imaxe e música
- conexións temáticas e suxestivas entre imaxe e texto
- orixinalidade
- lectura axeitada do texto, lectura clara do texto
- recitado individual, a 2 ou 3 voces, ou coral
- pertinencia simbólica dos temas e motivos do texto
- relación texto-imaxe
- adecuación rítmica das imaxes
- contido
- calidade técnica
Tedes tamén AQUÍ a páxina que que podedes atopar todos os poemas para elixirdes o que máis vos guste.
Mañá venres teredes que ter constituídos os grupos.
Ánimo!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







